É bo ir adiantándose e berrando, ASÍ NON VALE FEIJOO, así non solucionamos nada, no canto de vender xestións miserentas e mediocres explique Presidente, porque os galegos pagamos e outros non, porque as nosas empresas teñen que ser menos competitivas, porque o que tiña que vertebrar o País e unha trampa para a economía, porque o carburante é máis caro en Galicia, porque con menos salarios pagamos nas autoestradas… a resposta e porque vostedes non pensan en Galicia, non queren ser Galeguistas, queren ser Homes de Estado e mentres soñan coa Monclóa a nosa Terra padece. Lembrade galegos que este Presidente veu con paracaídas.
Por unha vez temos que ser capaces de ver a súa torpe estratexia, non poden vendernos esta xestión coma se fose a chave das noces. Non poden facer unha solución cosmética pensando en votos e no aparello de publicidade, non poden poñer un prezo tan baixo a Galicia.
Señor Feijoo se de verdade é Presidente de Galicia, se de verdade se considera galeguista, se de verdade sinte o noso País, reclame ás competencias precisas, quite os peaxes, reclame as inversións necesarias para que a xente de Galicia vivamos o mellor posible, para unhas mellores e máis competitivas empresas, para atraer inversión, para xerar emprego, de momento non o está a facer. Con humildade: ASÍ NON NOS VALE FEIJOO
Piñeiro Docampo
Sº Xeral de CxG.