Site icon Crónica3.com A Mariña

Balance das actividades de 2017 do Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro

Viveiro 27-12-17. A poucos días de rematar o 2017, desde o Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro facemos balance de tódalas actividades levadas a cabo dende a Asociación ó longo deste ano.

Foron moitas as iniciativas postas en marcha, con gran aceptación por parte dos clientes, como a campaña do 20% de desconto ou Shopping Weekend, campaña de Rebaixas de verán e inverno, San Valentín con decoración de globos en tódolos negocios, o Día do Pai co sorteo dunha fantástica aventura con Papá, o Día da Nai co sorteo dun espectacular diamante, a Feira de Stocks, o Black Friday, o PrerresuFest con concertos na rúa e coa exposición da historia do festival, o concerto benéfico en favor de West Papua, as visitas guiadas de Semana Santa co historiador Suso Martínez, Teatro na Rrúa ca Troita do Miño, e fomos ó cine con Psiconautas, gañadora do Goya a mellor película de animación. Tamén participamos no Sorteo da Fcam con 10.000€ en premios, a camapañ de Os Días Azuis da Dirección Xeral de Comercio, e Merca e Gaña polo Nadal da Diputación de Lugo. Temos Juepeo (os Xoves en Viveiro Tapeo) ó largo de case todo o ano, e o Concurso de Tapas anual que atrae xente de toda a provincia. E para rematar o ano convertimos Viveiro en referente para visitar e mercar este Nadal, a decoración de rúas con luces, fío musical con panxoliñas, abetos naturais e alfombras vermellas vestiron as nosas rúas creando un ambiente moi festivo. Pusimos na rúa 100.000 rascas con 3.000€ en premios, 150.000 números para o sorteo de 3 soldos de 1.200€. A Casiña de Papá Noel que despois se convertiu na Casiña Solidaria para recoller alimentos e xoguetes en colaboración con Cáritas. E pasado o Nadal, reforestaremos os abetos no monte San Roque cos nenos dos colexios da zona.

Son máis de 30 campañas con 12.000€ en premios en vales de compra e 3.000€ en premios físicos.

Todo esto coa fin de reforzar o compromiso cos nosos clientes e asociados, transmitindo o necesario que é mercar no comercio local e as vantaxes que supón. Trátase de poñer en valor as compras no comercio tradicional, onde o trato é persoal e próximo, con asesoramento profesional, artigos de calidade e a prezos que poden abarcar todo tipo de petos, e o máis importante, están aquí ó lado, sen necesidade de desprazamentos, ofrecendo algo que en ningún outro lado poden ofrecer: un Centro Comercial Aberto que invita a pasear, disfrutar das súas rúas e do aire libre.

Pero non nos centramos únicamente en campañas promocionais, senón que ó largo do ano prestamos apoio e colaboración a distintas organizacións da zona que realizan actividades culturais, deportivas, medioambientais ou proxectos sociais. Tamén colaboramos coa Policía Nacional co Plan de Comercio Seguro.

Elaboramos a Tarxeta Sport Play para apoio ó deporte base do municipio, repartindo máis de 5.000 dípticos comerciais nos hoteis e oficinas de turismo da zona, e xestionando cantidade de ofertas de emprego para negocios asociados.

As novas liñas de traballo pasan por impulsar a unión de todo o comercio vivariense, para lograr unha Asociación máis forte e afianzar o peso que ten en tódala comarca, sendo un referente comercial en moitos quilómetros á redonda. Así se veu reflexado no último mes, no que se uniron 15 negocios máis, chegando a ser a día de hoxe máis de 140 asociados.

A Viveiro chegan clientes de toda a Mariña e Ortegal, atraídos pola gran oferta comercial, de servicios e de lecer que ofrece a cidade do Landro. A Asociación seguirá traballando por mellorar o atractivo comercial e o poder de atracción da zona, lanzando novas promocións e servizos tanto para clientes como para negocios asociados.

Dende a asociación, dámobos as grazas a todos os que fixéchedes posible o éxito de todo este ano de traballo… “Entre todos, facemos que o Centro Comercial de Viveiro sexa máis que un Centro Comercial”.

Exit mobile version