Site icon Crónica3.com A Mariña

Balseiro participa na presentación do libro La playa de los cristales, de Pedro Ramos, ambientada no albergue da Xunta en Area

151217 Presentación libro AreaO delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, participou hoxe na presentación do libro La playa de los Cristales, de Pedro Ramos, que se ambienta no campamento de Area, en Viveiro. O acto tivo lugar precisamente no albergue da Xunta no que transcorre a acción, e contou coa presencia do autor e de Javier Pintor, encargado de presentar a obra, así como con escolares de distintos centros educativos da Mariña. A obra está destinada ao público xuvenil, e no prólogo ofrece unha lista das cancións coas que se inspirou o autor para escribir este relato.

Exit mobile version