
Como cada ano por estas datas, o Grupo Humorístico Trípode celebrou a súa cea de Nadal, á que asistiron a maioría dos membros e colaboradores deste grupo de teatro. O Grupo Humorístico Trípode, que comezou con tres membros (Cachín, Peinó e Alberto), conta agora con arredor de 20 persoas e xa organizou algunha representación con moitos actores. Actualmente en Trípode hai actores de Alfoz, Valadouro, Barreiros, Foz e San Martiño. É un grupo aberto que busca facer rir e desfrutar á xente. A cea foi no restaurante Cambota, de Ferreira do Valadouro-