Site icon Crónica3.com A Mariña

Comezaron a recoller os seus premios os afortunados e afortunadas da Campaña de Nadal do Centro Comercial Aberto de Foz

281217 Foto CCA Foz Fina GonzálezAta as súas oficinas, situadas no edificio do Cenima, se achegaron esta mañá algúns dos premiados. Foi o caso de Fina González e Rodolfo Otero, que recolleron os 100 euros en vales de compra, que lle tocaron a cada un e que poderán gastar ata o vindeiro 6 de xaneiro. O Centro Comercial Aberto focense destinou a premios na Campaña de Nadal 1.000 euros, que foron sorteados na xornada de onte. Desde o CCA animan “a todo o mundo a facer as súas compras de Reis no comercio local” e desexan a clientes e asociad@s un feliz aninovo.

Exit mobile version