Site icon Crónica3.com A Mariña

Daniel Vega e Jaime de Olano destacan a importancia do apoio das institucións á iniciativa privada como fonte de xeración de emprego

IMG-20171218-WA0010BURELA, 18 de decembro de 2017.- Os deputados no Parlamento de Galicia e no Congreso, Daniel Vega e Jaime de Olano, destacaron a importancia do apoio das institucións á iniciativa privada como fonte de xeración de emprego. Así o indicaron no transcurso da visita realizada este luns a astilleros Armón, que contruirá tres novos barcos en Burela para Nueva Pescanova.

Deste xeito, os populares subliñaron que quixeron desprazarse ata as instalacións burelesas para apoiar e coñecer de primeira man este proxecto, cuxo inicio das obras está previsto para comezos do vindeiro ano. Concretamente, Armón construirá sete embarcacións, 3 no municipio mariñano e as 4 restantes en Vigo.

“Sen lugar a dúbidas, un investimento coma este de novos barcos será moi positivo para a comarca. Cando se fixa unha economía con estabilidade coma esta, estase garantindo tamén a de moitas familias. Por iso, é importante escoitar permanentemente estas propostas do tecido empresarial”, salientaron.

Burela, “punto estratéxico na industria pesqueira”
Os deputados asistiron así á explicación realizada polos empresarios, quenes indicaron que dos catro buques conxeladores para Mozambique, de 32 metros cada un, tres serán os que se fabriquen en Burela e dedicaranse á pesca de lagostino, convertendo deste xeito a esta localidade “nun punto estratéxico da industria pesqueira”.

Asemade, os representantes desta firma empresarial indicaron que o contrato asinado co grupo Nueva Pescanova suporá a creación de 200 novos empregos en Galicia entre 2018 e 2020. Esta iniciativa inclúese dentro do plan estratéxico desta factoría, cuxa renovación da flota pesqueira conta cun orzamento de máis de 42 millóns de euros.

Máis reunións
Vega e Olano quixeron aproveitar así nesta xuntanza, igual que están a manter con outros sectores da provincia e, especialmente da comarca da Mariña, a ocasión “para analizar as preocupacións que ten o sector e as necesidades que os moven para darlles as respostas axeitadas dende os ámbitos competentes”.

A maiores, tamén comprobaron o traballo diario que se desenvolve nesta empresa. “O contacto directo cos traballadores é vital para darlles unha resposta axeitada e con este obxecto é co que estamos a desenvolver as diferentes reunións que estamos a manter pola Mariña”. Neste senso, adiantaron que “dende o Partido Popular seguiremos visitando iniciativas priviadas e apoiando a comarca para traducilo en feitos”.

Exit mobile version