Site icon Crónica3.com A Mariña

Destacado papel do Club de Atletismo “Ría de Foz” na súa primeira participación no campionato escolar de Campo a través de Lourenzá

IMG-20171203-WA0017Foz 3-12-17. Este domingo, día 3 de decembro, celebrouse na vila de Lourenza a primeira proba preparatoria do campionato comarcal escolar de campo a través. Era esta a primeira ocasión que o Club de Atletismo Ría de Foz competía nesta modalidade, fóra das carreiras populares, desde a súa recente creación.
A avaliación que realiza o Club non pode ser máis positiva, posto que os pícaros estiveron á altura do agardado. Ademais, dous dos nosos atletas acadaron dúas medallas que cobran especial valor ao e ser a primeira vez que competían nunha proba coma esta.
A continuación, destacamos algúns dos resultados dos nosos atletas nas diferentes categorías:

BENXAMÍN FEMININO:
-AINHOA 10ª
-CAROLINA 14ª

ALEVÍN FEMININO:
-ELENA 3ª
-MARTA 12ª

ALEVÍN MASCULINO:
-XAVIER 3º

INFANTIL FEMININO:
-HELENA 4ª

INFANTIL MASCULINO:
-LIONEL 11º

Exit mobile version