Site icon Crónica3.com A Mariña

Este domingo haberá teatro en Barreiros. O grupo Axóuxeres porá en escena “Non casei con todos”

Teatro BarreirosO Concello de Barreiros programa para o vindeiro domingo, 17 de decembro, unha nova representación teatral. O grupo Axóuxeres, de Vilaronte, porá en escena Non casei con todos. Trátase dunha obra cómica que reflicte situacións da vida cotiá. A actuación dará comezo ás 18:00 horas e terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en San Cosme de Barreiros. Esta actividade está organizada pola Concellería de Cultura, a través da Oficina de Información Xuvenil, do Concello de Barreiros.

Exit mobile version