1º premio categoría infantil A – Ezequiel Pérez Coldeira (4 anos).
2º premio categoría infantil A – Maya Mogo (6 anos).
1º premio categoría infantil B – Mariña Balseiro Parga (10 anos).
2º premio categoría infantil B – Alba Cajoto Teijeiro (8 anos).
1º premio categoría xuvenil – Helena Celada Villarmea (11 anos).
2º premio categoría xuvenil – Alba Concheiro Rodríguez (14 anos).
Accésits: Iago Balseiro Parga (6 anos), Samuel González Lage (7 anos) e Andrés Moreda Hermida (14 anos).
De entre os premiados a postal elixida para representar ao Concello de Foz na súa felicitación institucional foi a de Helena Celada Villarmea. E o premio especial ao colexio é por tanto para o Ceip Nº 1.
O concelleiro de Cultura, Ánxel Paleo Soto, explicou: “estamos moi satisfeitos coa participación dun total de 657 postais, unha moi boa cifra e ademais concursaron todos os colexios da vila. Foi durísimo este ano o traballo para o xurado seleccionador. Dende a Biblioteca Pública Municipal agradecemos moitísimo esta gran participación e valoramos o esforzo que supón e a calidade demostrada, que fixo moi difícil a selección. Parabéns a todos”.