Site icon Crónica3.com A Mariña

“Foz,plataforma de futuro” solicítalle ó Alcalde e ó seu equipo de goberno que se instalen paneis cos rueiros do casco urbán, se retiren ou substitúan os aparellos de ximnasia de diante da piscina e se pinten novamente os pasos de peóns no parque de Marzán

Foz 06 de Decembro de 2017. O pasado 30 de Novembro celebrouse o pleno deste mes, e como ven sendo habitual antes de rematar o pleno,“FOZ PLATAFORMA DE FUTURO”,formulou tres rogos e tres preguntas o sr. Alcalde e o seu equipo de goberno.

Os rogos foron os seguintes:

1.Rogámoslle ó Alcalde e o seu equipo de goberno se instalen algúns paneis cos rueiros do noso casco urbano no casco da nosa Vila.
2.Rogámoslle novamente, e non sei as veces que van ,ó Alcalde e o seu equipo de goberno procedan a retirar ou substituír os aparellos de ximnasia de diante da piscina municipal que están rotos.
3.Rogámoslle ó Alcalde e o seu equipo de Goberno procedan pintar os pasos de peóns que hai nas estradas que bordean o parque de Marzán.

Preguntas mes de xuño.

1.¿Coñece os motivos polos que hai unha ducha non operativa dende o verán, nos vestiarios das mulleres, na piscina municipal ?
Resposta: Non teñen coñecemento dese problema.
2.¿Saben porque non se continuou coa limpeza das fincas lindantes da casa do Piñeiro, en San Acisclo, que solicitamos en moción nun pleno pasado?
Resposta: Porque a persoa que foi facer o traballo atópase mancada.
3.¿En que estado está a dotación con WIFI das distintas prazas do noso Concello que foron nos presupostos?
Resposta: están traballando niso precisamente, e posiblemente se podan colocar mais de tres prazas con rede wifi.

FOZ PLATAFORMA DE FUTURO seguirá sendo a voz dos veciños no noso concello, trasladando todas aquelas inquedanzas ou suxestións que poidan xurdir.

Exit mobile version