Site icon Crónica3.com A Mariña

Gala benéfica do Grupo Humorístico Trípode

O Valadouro 6-12-17. Como vén sendo habitual estes últimos anos, o Grupo Humorístico Trípode organiza preto do Nadal unha Gala Benéfica para recadar fondos a favor de Cáritas. Nesta ocasión o lugar escollido é a Casa da Cultura “Manuel Lourenzo” de Ferreira do Valadouro e o día será o o domingo 17 de decembro ás 18,00 horas, coa colaboración do concello do Valadouro.

É costume que o Grupo Trípode represente unha das súas obras e que estea acompañado por unha actuación musical. Nesta ocasión o Grupo Trípode representa a súa obra “Cousas de vellos” e os encargados da parte musical son os compoñentes de “Xuntanza Musical, que inclúe os seguintes músicos mariñáns:

José Ramón Rico (Lourenzá) – saxo tenor

Manolo Cabaleiro (Moucide) – saxo alto

Remigio Vizoso (San Pedro de Mor) – batería

Esperanza Pérez (Viveiro) – percusións

Lino Rico (Lourenzá) – acordeón

Antón Expósito (Lourenzá) – saxo alto

O nome do grupo vén porque somos un grupo de músicos que nos xuntamos dun sitio e doutro sin máis aspiracións que para tocar e divertirnos ao noso xeito un cacho. A maior peculiaridade é que varios dos integrantes son músicos veteranos que formaron parte das orquestras das zonas de Lourenzá, Alfoz e O Valadouro. Por outro lado estamos Esperanza e Antón, que somos músicos autodidactas e intentamos botarlles unha man. As idades van comprendidas entre os 25 e os 80 e pico (largos) anos. O repertorio que temos é o mesmo que o de aquelas orquestras típicas dos anos 50-60-70 (pasodobres, valses, cumbias, boleros, cha-cha-chás, fox-trots, merengues,…), pero adaptado ó noso tipo de formación. É posible que Lino Rico ó final non poida estar presente por motivos de saúde, pero fará o posible por acompañarnos.

Exit mobile version