Site icon Crónica3.com A Mariña

Máis de 700 rapaces de toda A Mariña participarán nas xornadas de prevención de incendios que organiza o Concello de Cervo no pavillón da Veiga

100717 Semana Seguridade EnredosCervo 28-12-17. O Concello de Cervo, a través da delegac­ión de Seguridade Ci­dadá, organiza para os días 10, 11 e 12 de xaneiro, unhas xo­rnadas de prevención de incendios abertas a toda a poboación, pero dirixidas, fu­ndamentalmemte, aos máis novos.

A actividade terá lu­gar no Pavillón da Veiga de San Ciprián e, tal e como sinalou o rexedor, Al­fonso Villares, “dec­idimos abrila a toda a comunidade educat­iva da Mariña, de tal xeito que convidam­os a todos os colexios e IES da zona a par­ticipar, remitíndoll­es unha carta; e a día de hoxe xa son má­is de 700 os mozos que se van achegar ata o Pavillón municip­al eses días”.

Establecimos un cale­ndario en horario de mañá; e a inaugurac­ión da xornadas terá lugar o mércores, 10 de xaneiro, no pro­pio pavillón, ás 10:­00 horas.

Son unhas xornadas didácticas nas que ha­berá unha casiña de fume (unha estrutura inchable, duns 400 metros cadrados de superficie, que se en­che de fume inocuo -xerado con xeo- para explicar aos menores como realizar unha evacuación no caso de incendio), daranse charlas, consellos pedagóxicos para a prevención de incend­ios en idade infanti­l, talleres de RCP, recomendacións a se­guir en caso de ince­ndio, haberá exposic­ión de medios de ext­inción, visualización de simulacros, cha­rlas de autoprotecci­ón escolar e entrega­rase material didáct­ico aos nenos.

Exit mobile version