Site icon Crónica3.com A Mariña

Mocion PP de Viveiro Club de Tiro san Roque

En Viveiro a 12 de decembro de 2017. O voceiro do Partido Popular de Viveiro, abaixo asinante, en nome propio e no do grupo municipal do PP, presenta ó Pleno, para o seu debate e aprobación se procede, a seguinte MOCIÓN PARA O ARREGLO E MELLORA DAS INSTALACIÓNS DO CLUB DE TIRO SAN ROQUE DE VIVEIRO

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O pasado 2 de decembro o noso grupo visitaba as instalacións do Club de Tiro San Roque de Viveiro , ó tempo que nos reuníamos coa súa directiva quenes nos trasladaban e nos ensinaban in situ, unha serie de deficiencias nas instalacións, que de non subsanarse poderían poñer en risco a súa continuade como campo de tiro, o que sin dúbida sería unha gran perda para os afeccionados a este deporte coma para o noso Concello, debido ó reclamo que dita instalación supón para moita xente que co gallo da práctica desta modalidade deportiva nos visita.

O campo de tiro do Club San Roque de Viveiro é un dos catro que hai en Galicia que contan cun foso olímpico ( os outros dous están na provincia de a Coruña – Trazo e As Pontes – e o terceiro está en Pontevedra ), sendo ademáis o único campo de Galicia que está equipado para a tirada nocturna. Ambos detalles dan conta da súa importancia dentro do panorama do tiro Autonómico.

Na actualidade son varios os campeonatos que se celebran no mesmo ó longo do ano: o campionato Provincial T5 – cuns 40 tiradores -, o campeonato Provincial de foso olímpico – uns 50 tiradores -, moi recentiemente a primeira tirada nocturna, única en Galicia e que reuniu a 30 tiradores. Destacar así mesmo que cada tres anos se celebra a Copa Galicia que reúne entre 60 e 70 tiradores. A todo isto hai que sumarlle a posibilidade de que nesta tempada se lle adxudique a dito campo o campeonato Provincial T3. Non debemos esquecer tampouco que nestas instalacións se levan celebrado 39 edicións do trofeo de Tiro do Excelentísimo Concello de Viveiro, aínda que polo que nos transmiten os directivos, a edición do 2018 que sería a número 40 corre serio de risco de non celebrarse pola falta de apoio institucional.

Feita unha visita exhaustiva polas súas instalación puidemos comprobar as deficiencias para as que os seus directivos demandan a colaboración do Concello de Viveiro para poder subsanalas. Tratase da cuberta do local social – cunhas chapas oxidadas e que filtran a auga para o interior do local co conseguinte deterioro do mesmo -, o mal estado da techumbre do foso do campo B – totalmente inundado e apuntalado o teito para que no se veña abaixo – , así como comprobamos a necesidade de sustituir tres máquinas eléctricas lanzaplatos por tres neumáticas, debido as filtracións de auga que presenta o primeiro foso, co conseguinte risco de que auga e electricidade se xunten,

Os directivos desta entidade mostraronnos varios presupostos que tiñan pedidos para dar solución a estas deficiencias e estaríamos a falar duns 17.000 €. Insistiron que sin unha solución a esta problemática o campo corría o risco de pecharse, dado que cada ano a Garda Civil realiza inspeccións periódicas moi rigurosas para comprobar que as instalacións son seguras e se axustan á normativa.

Por estes motivos e dado que dende o noso grupo valoramos moi positivamente que esta instalación siga aberta, propoñemos ó Pleno da Corporación a aprobación dos seguinte acordo:

ACORDO

1. Instar á Sra. Alcaldesa a creación dunha partida específica de 17.000 € nos Presupostos do 2018 para dar solución as deficiencias anteriormente sinaladas nas instalacións do Club de Tiro San Roque.

2. Instar a Sra. Alcaldesa que solicite a colaboración doutras administracións que poidan axudar a solución desta problemática, concretamente a Diputación Provincial e a Xunta de Galicia.

Viveiro, a 4 de decembro de 2017
Antonio J. Bouza Rodil
Voceiro do Grupo Municipal do PP

Antonio J. Bouza Rodil
Portavoz PP de Viveiro

Exit mobile version