Site icon Crónica3.com A Mariña

Nadal no Concello de Valadouro

Xa na recta final das vacacións de Nadal pero a Concellería de Cultura do Concello de Valadouro aínda conta cun bo feixe de actividades para disfrute de grandes e pequenos… O apalpador que tivo que aprazar por razóns de saúde a visita do 19 de decembro, vira finalmente o 2 de xaneiro ás 12:00 á Casa da Cultura. O seguinte día, 3 de xaneiro teremos teatro familiar perfecto para un plan de pais con nenos. Os Ghazafellos traen a obra Iriña Bailarina ás 12:00 horas. O 5 de xaneiro, a tradicional cabalgata de reis que sairá ás 19:30 do Parque Concepción Arenal montados en cabalos. Máis tarde a recepción na Casa da Cultura e ofrenda ao Belén vivinte. Finalmente haberá chocolatada para todos os asistentes.

Exit mobile version