Site icon Crónica3.com A Mariña

Noiteboa Infantil

20171215_114726Presentación da Noiteboa Infantil, que organiza a asociación Fervenza de Sargadelos, coa colaboración do Concello de Cervo, e que este ano chega á súa décima edición. A cita será o domingo 24 de decembro, no Ecomuseo de Cervo, a partir das 16:00 horas. Haberá talleres de globoflexia, pintacaras e maxia da man do Mago Kiko. Ás 18:00 horas terá lugar a actuación musical a cargo de Pablo Díaz que ofrecerá unha fusión dos seus espectáculos Tic Tac, Toc Toc e Tic Tac Toc. Xa ás 19:00 horas recibiremos a visita de Papá Noel e habera chocolatada de balde para os asistentes. Haberá sorteo con produtos cedidos polos establecementos colaboradores O Caseto de Copa, a Pousada O Almacén e o Almacén do Peixe. Á presentación asistiron o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e membros da Asociación Fervenza.

Exit mobile version