Site icon Crónica3.com A Mariña

O Alcalde de Cervo, Alfonso Villares, participou na sesión plenaria do consello nacional da auga na que se abordou a problemática da seca

151217 Consello Nacional da AugaCervo 15-12-17. O rexedor de Cervo, Alfonso Villares, participou na sesión plenaria do Consello Nacional da Auga, en Madrid, en representación do municipalismo, neste caso na súa condición de Presidente da Comisión de Medio Ambiente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). A sesión foi no Ministerio de Medio Ambiente e contou tamén coa participación da ministra, Isabel García Tejerina.

Foi unha xuntaza na que se aproveitou para dar a coñercer a posición da FEMP, no referente ao grave problema da seca que afecta a practicamente todo o país, máis agravado nestes últimos tempos.

Deste xeito, tal e como apuntou Villares, os diferentes grupos que conformamos a Xunta de Goberno da FEMP acordamos, por unanimidade, instar ás diferentes administracións a tomar certas medidas ante a situación de falta de recursos hidrolóxicos e os previsibles problemas de abastecemento de auga que, incluso, están a afectar á zona norte nos últimos tempos; e que, unido tamén a un máis que evidente cambio climático, poden poñer en risco o suministro de auga á poboación.

Así, consideramos que é necesario contar cunha planificación adecuada en todos os niveis, no estatal, no autonómico e no local, e instamos á creación dunha comisión integrada polas tres administracións para analizar a situación e mobilizar os recursos e infraestruturas que sexan necesarias para tentar paliar a gravidade desta situación derivada da seca.

Así mesmo, Villares tamén sinalou que dende a FEMP xa estamos a traballar nun plan de comunicación para sensibilizar á poboación sobre o uso racional da auga que poida contribuír a frear os efectos desta problemática.

Exit mobile version