Site icon Crónica3.com A Mariña

O Alcalde e membros do club atletismo Foz presentaron a segunda Run Fon Run Nadal, que se celebrará o día 24 deste mes

141217 PRESENTACIÓN RUN FON RUN NADALFoz, 14 de decembro de 2017. Foi presentada a segunda edición da Run Foz Run Nadal, que terá lugar o día 24 deste mes. Participaron no acto Manuel Eiras e Marcos Loureiro, do Club Atletismo Ría de Foz, e o alcalde, Javier Jorge Castiñeira.

Na presentación explicaron que “na proba haberá diferentes categorías para que todas as persoas que o desexen poidan participar, desde pícaros ata veteranos C. Tanto a saída como a meta será a Praza Rosalía de Castro e a distancia para a carreira absoluta será de 5 quilómetros. A primeira saída será ás 16:30 horas para a categoría dos/as máis pequenos/as e a absoluta iniciarase ás 17 horas”.

Tamén comentaron que “o ano pasado a participación superou todas as expectativas e agardamos que este ano se sumen máis a esta tarde de deporte con gran ambiente festivo, antes de sentarse á mesa coa familia”.

As inscricións poden facerse a través da web http://www.prueba-t.es/.

Exit mobile version