Por outra banda o Secretario do Consorcio Provincial de Bombeiros informara no seu momento que para que os bombeiros recibisen unha aportación extraordinaria era necesaria a modificación dos estatutos do propio consorcio. Para o BNG “e preciso aclarar esta contradición para que os traballadores poidan recibir uns cartos que son seus”.
Ferreiro lamentou que a Xunta segue sen cumprir coas súas obrigas e “segue discriminando aos traballadores de Lugo polo simple feito de que o PP non goberna na Deputación de Lugo” e lembrou que a Xunta non dispuxo partidas económicas para satisfacer a súa achega correspondente á equiparación salarial dos bombeiros no ano 2017. O BNG reclama que “de ser posible os cartos reservados para a equiparación salarial dos bombeiros no orzamento da Deputación se lles entreguen aos traballadores independentemente do que faga a Xunta coa parte que lle corresponde”