Nos estudios de Radio Foz tamén se sortearon 4 paraugas do CCA, que foron para Mª Fé Rouco Caserío, que comprou en Vas’s; Antía Río García, que consumiu en Anduriña; Rocío Blanco, que mercou en Decoraciones Pura; e Milagros Lende, que fixo compra en Ginzo Mujer y Hombre.
Os afortunados e afortunadas da Campaña de Nadal do CCA de Foz recibirán os seus premios mañá, xoves, no Cenima a partir das 12:00 do mediodía. Teñen ata o 6 de xaneiro para gastar os seu vales e compra.
Concursos
O CCA focense tamén organiza un concurso de árbores de Nadal e outro de escaparates, para os que se recollerán votacións a través da páxina de facebook da asociación ata o vindeiro 7 de xaneiro. Desde o Centro Comercial Aberto sinalan que en colaboración coa Concellería de Medio Ambiente ás árbores serán replantadas en diferentes puntos da localidade.