O rexedor declarou que “hoxe asinamos un convenio para rematar o asfaltado de Arcadio Pardiñas, dende onde se rematou a outra vez ata A Casilla, que é o espazo que falta. O convenio está valorado nuns 60.000 euros dos cales 40.000 euros vai aportalos a Deputación e os outros 20.000 serán cousa do Concello”.
Alfredo Llano subliñou que “pensamos que esta é unha obra importante porque culminamos todo o que é Arcadio Pardiñas, o asfaltado e despois repintado e sinalización horizontal e vertical. Queremos deixala xa e a ver se é posible tela licitada para que comecen inmediatamente despois das vacacións de Nadal”.