Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo incrementa un 25% por alumno as axudas para transporte escol¬ar para aqueles que cursan estudos fóra do termo municipal

20171226_124131Cervo 27-12-17. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de educación, Dolores García Cara­més, entregaron as axudas para o transpo­rte aos alumnos que cursan estudos fóra do termo municipal; sempre que se trate de formación ou tit­ulacións que non se impartan en ningún centro do Concello.

Tal e como sinalou o rexedor, Alfonso Vi­llares, trátase dunha subvención financi­ada ao 100% con fond­os municipais, e este ano decidimos dar un paso máis, incre­mentando as axudas nun 25% por cada alum­no beneficiario, o que supón que cada es­tudante que cumpra os requisitos recibiu 250 euros, 50 euros máis que o pasado curso.

O obxectivo non é ou­tro -engadiu- que o de “brindar apoio ás familias, porque so­mos conscientes do gran esforzo económico que supón para moi­tas delas a educación dos seus fillos, e contribuír, así mes­mo, a que exista igu­aldade de oportunida­des. E por suposto, é unha forma de apoi­ar a formación e o estudo, ao igual que facemos con outras subvencións tamén mun­icipais, como é o ca­so das axudas ao mat­erial escolar e libr­os, ás ANPAS ou aos colexios”.

Entre os requisitos, por exemplo, tivéro­nse en conta os ingr­esos económicos da unidade familiar, que ten que estar empad­roada no Concello de Cervo; e o alumno debe ser menor de 30 anos.

Ademais, o beneficia­rio debe cursar algu­nha destas titulació­ns: Ensinanzas unive­rsitarias, estudos musicais en conservat­orios e escolas de música, Bacharelato (nalgunha das modalid­ades que non se impa­rten no Concello de Cervo), ou calquera das seguintes ensina­nzas en grao medio ou superior, como son FP, ensinanzas prof­esionais de artes pl­ásticas e deseño, ou deportivas.

Exit mobile version