Entre os establecementos que participaron no concurso e que elaboraron as súas tapas; a Vinoteca Segundo S. Social acadou o premio á mellor tapa valorada polo público coa súa creación culinaria “Mangia e Bevi”. O premio á mellor tapa tradicional foi para “Antoñanzas”, cociñada por Horta da Paula; mentres que o Restaurante Montero obtivo o recoñecemento á mellor tapa creativa por “Sable de cabrales, cebolla y cabeza prensada con ensalada de setas”. O agasallo consistiu nun trofeo que recoñecía cada un dos premios.
Sorteo entre os participantes
O Concello de Mondoñedo tamén celebrou un sorteo de ata nove agasallos entre os participantes que degustaron e valoraron as tapas elaboradas polos establecementos mindonienses.
Os agraciados das catro entradas á Cova do Rei Cintolo foron: Begoña Bouso, Diego García, Adrián Alfonso e Remedios Prieto. Os tres lotes de viño, doados pola distribuidora Perlora, foron para Lorena López, Diego Castrillón e Borja Rodríguez. Tamén se sortearon dúas noites na Casa de Mañas, para dúas persoas, cuxo afortunado foi Elisardo Castro; mentres que Rosa López resultou agraciada coa estancia tamén de dúas noites e unha cea na Casa Penela.
Valoración moi positiva
A alcaldesa Elena Candia, e o edil Manual Tapia, fixeron un balance “moi positivo” desta nova edición de ¡Tapeando en Mondoñedo!, que contou cun “gran éxito” de público. Así, agradecen a “colaboración de todas as persoas e entidades que participaron no funcionamento do Concurso de Tapas cidade de Mondoñedo”