Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello mellora os accesos ao punto limpo de Ribadeo. Por este motivo desde este xoves e ata o vindeiro luns non se poderá chegar a ese lugar para depositar enseres

Ata o vindeiro luns non se poderá acceder ao punto limpo de Ribadeo. O Concello acomete obras de mellora no viario de acceso a esa instalación e por ese motivo “estes días non será posible chegar ata alí, polo que pedimos desculpas polas molestias que se poidan ocasionar á nosa veciñanza”, sinala Jorge Díaz Freije, concelleiro de Limpeza Viaria e Xestión de Residuos. O edil ribadense considera que “a mellora deses accesos era moi necesaria”. E subliña que “se non hai novidades e inconvenientes de última hora o vindeiro luns, 18 de decembro, o punto limpo estará operativo de novo”.

Exit mobile version