Site icon Crónica3.com A Mariña

O derbi Burela FS-Noia (23 de decembro) regalará unha cesta valorada en 1200 euros

01cesta-noia17.jpg largeBurela 13-12-17. O Pescados Rubén Burela FS pechará a primeira volta de Segunda LNFS e 2017 en Vista Alegre con dobre premio o sábado 23 de decembro (18.30 horas), coa emoción de derbi con Noia Portus Apostoli FS e o sorteo dunha cesta de benvida de Nadal valorada en 1.200 euros.

O club laranxa xa entregou rifas á afección nos dous últimos encontros en Vista Alegre e dende hoxe os xogadores visitarán os establecementos colaboradores para repartir máis entre a clientela. Edu e Hélder foron os encargados de abrir a xira esta mañá na cafetería Vista Alegre; ata o venres 22 tamén estarán na Parrillada de Jandro, Espacio Lector Nobel, Resort Thalasso Las Sirenas (Viveiro), Bodega O Lagar, Alain Afflelou Burela, Talleres Harauto, Foto Sergio, Electrodomésticos Quelvi e Living Sport (Foz).

Apetéceche recibir un agasallo de Nadal adiantado? Tan só tes que ir ao derbi do día 23 cunha rifa para acceder ao sorteo que se realizará durante o descanso do encontro.

O Pescados Rubén Burela FS irá descubrindo todos os produtos da cesta en redes sociais. Comezamos cun televisor.

Exit mobile version