Site icon Crónica3.com A Mariña

O Goberno da Deputación colabora coas Escolas Deportivas do Concello de Alfoz nas que participan 85 persoas

visita alfoz-escolas deportivasLugo, 13 de decembro de 2017. A Deputada Provincial pola Comarca da Mariña, Mayra García Bermúdez, xunto ao Alcalde de Alfoz, Jorge Val Díaz, mantiveron este mércores un encontro con alumnos do programa de ximnasia de mantemento do municipio, co que colabora o organismo provincial. O Goberno da Deputación achega 8.000 euros para a organización de cinco actividades a través das Escolas Deportivas Deportivas Municipais: patinaxe, ximnasia, ioga, fútbol sala e ximnasia de mantemento, nas que participan 85 veciños e veciñas.

García Bermúdez subliñou que “achegamos 8.000 euros ao Concello de Alfoz para a organización de diferentes actividades a través das Escolas Deportivas facilitando a práctica deportiva a veciños do Concello de todas as idades. Facémolo porque consideramos que investir en deporte é investir no benestar dos lucenses. Neste sentido cómpre subliñar que a Deputación de Lugo é a administración que máis inviste en deporte na provincia”.

Así mesmo, a Deputada adiantou que “o Goberno da Deputación financiará con 36.000 euros a execución dun aparcadoiro nas inmediacións do campo de fútbol municipal e o arranxo de accesos a estas instalacións, que son empregadas a diario polos veciños e veciñas do Concello de Alfoz”.

Exit mobile version