– 1,3 millóns á rehabilitación dos pavillóns 1 e 2 do Fogar de Santa María, acadando un unha redución no custe destas obras, cuxa contratación se aprobou hoxe mesmo, de 500.000 euros.
– 450.000 euros ao arranxo de dotacións servizos públicos municipais de 10 Concellos. Deste xeito, mellorarase a Avenida Outeiro, na Pobra do Brollón, con 220.000 euros; o campo de fútbol municipal “José Mario González”, en Sarria, con 100.000 euros; e o polideportivo e piscina de Alfoz, con 54.000 euros.
– 440.000 euros á mellora de 9 quilómetros de 4 estradas provinciais, que discorren polos Concellos da Pontenova, A Fonsagrada e Baralla. Trátanse das vías que conectan A Pontenova coa N-640 (LU-P-4808, A Pontenova); A Pontenova coa Fonsagrada (LU-P-1904, A Pontenova-Fonsagrada); as localidades de Boulloso a Figueirúa (LU-P-4805); e os núcleos de Longoiro por Sixerei (LU-P-0506, Baralla).
– 76.000 euros á rehabilitación de accesos viarios a núcleos rurais de Alfoz, A Pontenova, Monterroso, Pol, Barreiros, Monforte de Lemos e Ribas de Sil.
– 65.000 euros para a compra dun camión para o parque móbil municipal de Riotorto.
– 24.000 euros que garantirán a segunda edición do Festival Internacional de Música “17º Ribeira Sacra”, que converterán á Deputación na principal patrocinadora da cita.
Ben Empregado 4
A Xunta de Goberno da Deputación aprobou ademais a listaxe provisional dun total de 204 empresas e colectivos sociais da provincia, que poderían beneficiarse do Ben Empregado 4. Son beneficiados de carácter provisional, pois agora abrirase un prazo de 5 días para a presentación da documentación necesaria. A previsión é aprobar a listaxe definitiva e abrir o imprescindible período de alegación en 15 días. Os 204 beneficiados provisionais, son 166 empresas e 38 colectivos sociais, que solicitan axudas para a contratación de 213 lucenses no paro. Máis información en www.deputacionlugo.gal