Esta festa de animación infantil desenvolverase entre as 16:00 e as 19:00 horas. Os nenos e nenas poderán participar en obradoiros, atraccións… Tamén gozarán dunha chocolatada e de gominolas. E haberá ambientación musical. A organización agradece a todos os asistentes que leven alimentos non perecedoiros para o Banco de Alimentos. Para atender esta petición haberá un punto de recollida destes produtos no propio pavillón de San Cosme.