Site icon Crónica3.com A Mariña

O presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfredo Llano, convoca aos rexedores dos concellos que forman parte desta entidade a unha xuntanza que terá lugar en Burela o vindeiro 21 de decembro ás oito da tarde

Sobre a mesa estará o proxecto piloto para loitar contra a avespa velutina, que lles propuxo levar adiante a Asociación Galega de Apicultores. Llano declarou que “entre todos debemos adoptar unha decisión para abordar esta problemática que estamos a sofrir desde hai meses nesta comarca”.

Exit mobile version