Site icon Crónica3.com A Mariña

O Presidente mantén un encontro cos alumnos do obradoiro de Instrumentos do CENTRAD da Deputación

DSC_0044Lugo, 14 de decembro de 2017. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e a Deputada de Cultura, Artesanía e Deseño, Pilar García Porto, mantiveron este venres un encontro cos cinco profesionais que participan no obradoiro de viola oval con arco, que impartiu o luthier, Xermán Arias nas instalación do CENTRAD. Trátase do segundo obradoiro que ofrece o Goberno Provincial, enmarcado dentro do proxecto de investigación, construción, difusión, interpretación e divulgación de instrumentos medievais para músicos contemporáneos que ten en marcha o Executivo Provincial.

Campos Conde subliñou “dende o Goberno da Deputación apostamos pola recuperación e posta en valor da cultura tradicional galega, co fin de preservar a identidade que temos como pobo. É por iso polo que decidimos pór en marcha este obradoiro, converténdonos na primeira administración pública española que ofrece a profesionais do sector formación gratuíta sobre a construción de instrumentos medievais”.

O Presidente de Deputación e a Deputada de Cultura, Artesanía e deseño, visitaron as instalacións do taller para coñecer de primeira man o traballo destes cinco profesionais, os cales acudiron dende toda Galicia a este obradoiro, coordinado por Luciano Pérez. Un traballo que partía de viñetas medievais e que precisou da recreación do deseño da viola oval, para poder ser interpretado na actualidade.

Xermán Arias
Xerman Arias, nacido en Barbadelo (Sarria), comezou a súa formación no taller de instrumentos musicais da Deputación de Lugo en 1986, baixo a dirección de Luciano Pérez. No ano 1994, fundou o seu primeiro taller. Finalizados os seus estudos, viaxou a Francia para traballar co prestixioso Christian Rault e formarse como luthier na construción e reparación de instrumentos de corda friccionada.

Exit mobile version