Site icon Crónica3.com A Mariña

O salón de actos municipal estivo abarrotado de público na gala de entrega de premios do I Certame de teatro Concello de Lourenzá

041217 GALA ENTREGA DE PREMIOS CONCELLO DE LOURENZÁ (2)Lourenzá, 4 de decembro de 2017. Nun salón de actos municipal abarrotado de público na tarde de onte, domingo, foron entregados os premios da primeira edición do certame de teatro Concello de Lourenzá.

A relación de premiados é a seguinte:
Premio Conde Santo á mellor representación para Enciclopedia Álvarez, de Ollomao (Barreiros).
Premio Lourenzo ao mellor actor para Juan de Culán, de Ollomao (Barreiros).
Premio Ana á mellor actriz para María Insua, de Andanzas (Viveiro).
Premio ao mellor actor de reparto para Marcos Bravo, de Airiños de Rianxo.
Premio á mellor actriz de reparto para Luisa Oroza, de A Adala de Fazouro.
Premio á mellor posta en escena para Mass Co-medias, de Airiños de Rianxo.

O premio á mellor representación estaba dotado con 600 euros en metálico. E todos os premiados recibiron un trofeo deseñado pola Fundación Eu Son, de Burela.

O xurado concedeu fóra de concurso un premio especial, pola entrega e o amor ao teatro, á actriz local Nazaret Barroso.

O punto final á gala púxoo o actor Cándido Pazó, que encandeou ao público coa obra Que comerá o rei?.

Para rematar este evento, que presidiron a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, e a deputada provincial Mayra García, o concelleiro de Cultura, Manuel Arango, convocou ás actrices, actores, guionistas, directores e público a participar na segunda edición do certame de teatro, que se celebrará no ano 2018.

Exit mobile version