Site icon Crónica3.com A Mariña

Ofrenda floral no quinto aniversario do pasamento de Ceferino Díaz

Image 2017-12-26 at 18.23.24Foz 27-12-207. Amigos de Ceferino xunto con membros do PSdeG-PSOE de Foz e doutros puntos da comarca da Mariña realizaron unha ofrenda floral, no dia de onte, en lembranza do histórico socialista Ceferino Díaz
Ao cumprirse cinco anos do pasamento do destacado representante das ideas galeguistas e socialistas Ceferino Díaz, amigos e compañeiros quixeron recordalo lanzando unhas rosas ao mar, na Punta do Cabo en Foz, lugar onde parte das súas cinzas foron esparexidas ao Cantábrico.
Aínda que o tempo non acompañaba, socialistas focenses e da comarca da mariña, non quixeron deixar pasar esta data sen unha lembranza do compañeiro e sobre todo amigo que adoitaba pasar os veráns na vila de Foz, onde fixo numerosas amizades e onde por petición expresa do finado repousan as súas cinzas.
Os alí reunidos recordaron o compromiso, sobradamente demostrado, de Cefe co partido, co país e coa sociedade galega.
Finado no ano 2012, a súa memoria sigue viva no socialismo galego, exemplo disto, aparte dos actos homenaxe que se celebran anualmente Foz é a recente creación, dentro do PSdeG, da Escola de Formación Ceferino Díaz

Exit mobile version