Site icon Crónica3.com A Mariña

OS CONCELLOS NOS INCENDIOS FORESTAIS. Por Evaristo Lombardero

As obligacións mínimas dos concellos en materia de incendios forestáis están reguladas na Lei de Prevención e Defensa contra os incendios forestáis, promulgada polo goberno bipartito no ano 2007, concretamente nos artigos 7, 16, 21,22 e 23 -lixeiramente retocados posteriormente- e noutras normas concordantes.
Pouco se sabe do seu cumprimento nos concellos da Mariña, pero a mesma falla de novas suxire que nen a propia Xunta nen os concellos das diferentes cores se esmeraron excesivamente por poñerse ao día, cando a lei esixia pouco gasto aos concellos, anque sí certa valentía para arredarse do tentador clientelismo, neste caso aniñado no dolce far niente. Xa non digamos o que sería desenvolver outras actividades non estrictamente preceptivas, como por exemplo, de tipo educativo, ou do ámeto da coordinación de recursos, ou simplemente escoitando as suxerencias creativas e apegadas ao terreo das veciñas e veciños. Falamos de aquelo tan manido como esquecido da participacion veciñal, das parroquias, ou das comunidades de montes veciñáis en man común.
No caso particular de Ribadeo só sabemos que o día 18 de outubro de 2017, ou sexa con máis de dez anos de retraso e gobernando sempre o BNG, editouse un bando que recolle de xeito moi somero algunhas das prescripcións da norma devandita, sen nengunha concreción para a súa aplicación precisa. Ao xeito deses artigos da Santa Constitución que cumpren a mesma función que o sexto mandamento nas táboas de Moisés.
Tampouco estaría de máis lembrar que un cabalo adulto ven comendo unha tonelada de toxo e breixo ao mes. E, mesmo sen baixas nen seguros, abre pistas, pisa o matoxo e fai en conxunto unha laboura inavaliábel na prevención dos incendios forestáis e da sua extensión. Debeu ser por iso que o Concello de Ribadeo contratou no 2012 a tres laceiros de Mondoñedo para atrapar a 14 cabaliños que andaban ceibos polos montes da Coroa e do Mondigo, e facelos desaparecer. E todo polo módico prezo de tres mil euros, que tampouco é tanto.

Exit mobile version