Logo duns minutos iniciais nos que o perigo estivo na rede do Noia, foron os visitantes os que se atoparon con demasiado premio, en balón parado, de Kohei, cumpríndose o 7 de xogo. Roldando o ecuador do primeiro acto, Zardoya, cun pé prodixioso, salvou aos de Julio Mougán da igualada. No 14, Renato serviulla en bandexa a Kelson, sen éxito fronte ao meta coruñés, e no 17, o pau evitou a tentativa baixa de Víctor.
Regresaron con fame de gol os de Juanma Marrube, estrelándose ata a extenuación contra Zardoya. Antes do minuto 25 xa o intentaron Renato (22), Luisma (24) por partida dobre e Chus (23 e 24), este último con Xuxa como freo. No 28 Pope volveu poñer en pé á Bomboneira, sen recompensa. A primeira con serio perigo para Noia protagonizouna Quintela, no 31, cun impertérrito Edu. Tras a oportunidade de ouro de Chus, a balón parado no 37, que conseguiu desviar o porteiro rival coa xema dos dedos, Hélder abandeirou o xogo de cinco. Segundos despois, o esférico quedouse na liña de meta co tándem Víctor-Luisma e Hélder quedou sen ángulo fronte a Zardoya. Cando máis méritos estaba facendo Burela para o gol, chegou o segundo do Noia, a porta baleira, a falta de 53 segundos para a bocina final.
Ficha técnica
Pescados Rubén Burela FS: Edu, Víctor, Luisma, Chus, Colacha, cinco inicial; tamén xogaron Hélder, Renato, Pope, Kelson
Noia Portus Apostoli: Zardoya, Christian, Xuxa, Quitela, Nené, cinco inicial; tamén xogaron Quique, Marci, Álex, Kohei
Goles: 1-0, minuto 7, Kohei; 0-2, minuto 40, Quintela
Árbitros: Carreira Romero // Ferrero Carballal (Galicia). Por Noia amarela para Álex, Quique, Quintela
Incidencias: Partido correspondente á xornada 15 de Segunda LNFS, disputado en Vista Alegre ante unhas 700 persoas, con presenza do delegado de Deportes da Xunta de Galicia en Lugo, Manuel Otero, e do representante de Fútbol Sala na RFGF, Pablo Prieto, entre outras autoridades.