Site icon Crónica3.com A Mariña

Pistoletazo de saída para as ligas biberón e prebenxamín A Mariña lucense-Fundación Imdecum

preb1-lourenza-pr16-17Burela, Mércores 13 de decembro. As promesas do futsal con máis ilusión da bisbarra estrearanse esta fin de semana en competición co pistoletazo de saída para as Ligas Biberón Galicia e Local Galicia Prebenxamín A Mariña Lucense-Fundación Imdecum, baixo a organización da Real Federación Galega de Fútbol.

A Biberón (nados/as 2012-13) enfrontará na primeira xornada a Pescados Rubén Burela FS-ED Lourenzá e Escolas Celeiro Xove FS-ACD Xove. A liga pecharase o 14 de abril, tras 6 xornadas disputadas.

A Prebenxamín (nados 2010-11), con AD Santiago de Foz A e B, ACD Xove, Pescados Rubén Burela FS, Playas de Barreiros A e B e ED Lourenzá, prolongarase ata o 21 de abril, con 14 xornadas.

A RFGF asume en 2017-18 a coordinación da liga que organizou nas últimas catro tempadas Imdecum. A AD Santiago de Foz e A Fuga ACD Xove fixéronse co título en Prebenxamín 1 e 2 respectivamente na Copa Prebenxamín da Mariña de 2016-17, que serviu de broche á Liga, co Maderas Barcia Lourenzá e AD Santiago de Foz como campións en Prebenxamín 1 e 2.

Exit mobile version