Site icon Crónica3.com A Mariña

Preguntas PP Viveiro Pleno xaneiro 2018

En Viveiro, a 19 de decembro de 2017. Antonio J. Bouza Rodil, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Sra. Alcaldesa da Corporación, as seguintes preguntas sobre as que desexa obter no próximo Pleno, a correspondiente resposta, ben sexa oral ou por escrito.

Varios veciños dirixironse o noso grupo para trasladarnos as súas queixas, ante a imposibilidade de efectuar no servicio de recaudación municipal, o pago dunhas multas de circulación impostas pola policía local.
Como consecuencia disto tiveron que desplazarse a unha entidade bancaria próxima a efectuar dito pago, coa conseguinte incomodidade que isto lles provocou, ó non poder resolver no Concello un trámite que en principio non se entende moi ben porque non puideron efectualo en dependencias municipais, máxime cando xa hai un tempo o Concello mercou un programa informático chamado Aythos – que costou por enriba dos 20.000 € – e que supostamente era para todo o relacionado coa xestión total das multas, incluído o cobro das mesmas.
Por estes motivos e polo que lle PREGUNTAMOS á Sra. Alcaldesa:

1º) Cal é o motivo polo que non se poden satisfacer no servicio de recaudación municipal as sancións das multas de tráfico impostas pola policía local?
2º) Existe algún problema co programa informático que se mercou para realizar ditos trámites?
3º) En caso afirmativo, cal é e cando pensan solucionalo?

Noutro orden de cousas, tamén nos chegan as queixas de varios veciños que, cando tiveron que ir a satisfacer distintas taxas municpais á entidade bancaria coa que o Concello ten firmado un convenio para o pago das mesmas, se atoparon cunha situación curiosa, por chamarlle dalgún xeito, xa que si eran clientes desa entidade pagaban as taxas sin máis, pero si non o eran tiñan que aboar a maiores do pago da taxa municipal unha comisión de tres euros, aparte de cubrir unha extensa ficha con todo tipo de datos persoais. Ante esta situación como pouco discrimanatoria e de dubidosa legalidade e polo que lle PREGUNTAMOS á Sra. Alcaldesa:

1º) Ten pensado levar a cabo algunha actuación ou negociación con esta entidade bancaria para que deixe de aplicar este criterio diferenciador entre clientes y no clientes?
2º) Parecelle legal a situación descrita anteriormente na entidade bancaria?
3º) Hai algún informe da secretaria Municipal que avale estas actuacións?

Exit mobile version