O vindeiro sábado, 9 de decembro de 2017, faise a presentación do libro “A raiña das velutinas” de Lionel Rexes en acto público con entrada de balde ás 20:00horas e no que intervirán Armando Requeixo (crítico literario vinculado ó Centro Ramón Piñeiro para a investigación en Humanidade), Bernardo Penabade (profesor de lingua galega no Perdouro e que elaborou unha unidade didáctica sobre a novela) e o mesmo autor, Lionel Rexes.