
Os Aventados en colaboración coa xerencia dos Museos da Deputación, o sábado ás 19 horas no Museo provincial do mar, presentan San Cibrao, unha balea durmingo. Trátase dun audiovisual que completa o traballo realizado nol 2016, polos Aventados, onde se recolle a tradición oral sobre a vida no século XX nun porto de mar, cal era San Cibrao, antes da industria alumineira. Para ilo, son protagonistas xentes de aquí, mariñanos fillos e fillas de patróns de buques que contan como transcurría o que vimos chamar “unha cultura de mar!. É un xeito cultural para despedir 2017 e dar a benvida ao 2018