Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentación do libro “Tarot rider waite” en Mondoñedo

Mondoñedo 14-12-17. O 16 de decembro, ás 20 horas, presentarase en Mondoñedo o libro “Tarot Rider Waite” de Xabier Grandío na Casa da Penela, na parroquia de Vilamor (Chao do Val 1-Vilamor-Mondoñedo) O investigador mindoniense Xosé Cidre Fernández Vilalba abrirá o acto cunha intervención sobre a natureza desta obra.

O tarot é unha disciplina antiquísima, con orixes demostrables no século XIV e ao redor da cal circulan moitos mitos. Algúns deles son totalmente falsos mentres que outras aseveracións son verdadeiras, sempre e cando as poidamos matizar. Este libro pretende ser un pequeno manual que achegue e describa o funcionamento desta baralla ao conxunto da poboación e é o resultado da investigación e práctica do autor durante máis de 10 anos. Trabállase coa baralla Rider Waite porque se considera que é a ideal para neófitos e, ademais, a que fai un traballo de integración de distintas tradicións culturais máis intenso.

Na presentación farase unha explicación do que é o tarot, un percorrido histórico dende as súas orixes até hoxe e, posteriormente, manteremos un coloquio aberto para poder falar da visión que hai desta disciplina. O obxectivo é dar a coñecer o tarot e despoxalo de mitos porque, en realidade, pode ser unha ferramenta de crecemento persoal ao alcance de todos. Ademais, é especialmente importante subliñar que é a persoa que consulta a que ten o control da súa vida e decisións e que, en ningún caso, as ten que delegar en terceiros.

Xabier Grandío é na actualidade autónomo e redactor de textos de temáticas diversas. Na actualidade, forma parte do equipo de redacción da revista Marketing4ecommerce, especializada en empresas e negocios que fan do eCommerce o seu modo de vida. Tamén escribiu para portais de desenvolvemento persoal.

Exit mobile version