
Este xoves, ás 19:30 horas, proxectarase na Casa da Cultura o filme infantil Coraline. No seu día resultou gañadora dos premios Annie á mellor música, deseño de personaxes e deseño de produción; e recibiu nominacións aos Óscar e aos Globo de Ouro como Mellor Película Animada. O sábado, proxectarase, tamén ás 19:30, o filme xuvenil La Famille Bélier; que recibiu 6 nominacións aos Premios César, gañando o César á mellor actriz revelación Louane Emera. Xa o 26 de decembro será a quenda de Ballerina; e o 3 de xaneiro de Paddington, ambas dirixidas ao público infantil.