Debido á gran demanda que este días acarrea Papá Noel acordou facer unha visita ó Valadouro a media mañá.
A comitiva na que participaron preto de 60 motos chegadas de varios puntos da Mariña luguesa fixeron un percorrido polas principais rúas da Vila de Ferreira para rematar co acto que mais ilusións lles fai ós máis novos da casa, a recepción que se fixo na casa da cultura onde puideron entregar as súas cartas en persoa así como sacar cantas fotos fagan falla para que queden para a posterioridade.
Un salón de actos ateigado ata a bandeira de xente miuda e non tan noviña que provocou que numeroso público se quedase as portas.
Continuando coas actividades ludico-festivas organizadas pola concelleria de cultura polo Nadal o vindeiro martes comenzando os obradoiro de Nadal LUDINADAL 2017 con mais de 40 inscritos .
A seguinte cita, da man da Deputación en colaboración coa concellaría de cultura, ven o mércores 3 de xaneiro as 12:00 h con Gazafelhos Teatro.
Remataremos o 5 de xaneiro tamén coa cabalgata e recepción dos Reis Magos.