Site icon Crónica3.com A Mariña

Xornadas de Divulgación da EDLP do GALP A Mariña-Ortegal e Boas Prácticas

cartelViveiro 5-12-17. Os días 13 e 14 de decembro celebraranse no Concello de Ortigueira as Xornadas “Mares de Oportunidades” organizadas polo GALP A Mariña-Ortegal nas que se presentarán exemplos de “Boas Prácticas” no referente a proxectos de desenvolvemento territorial do medio costeiro. Durante os dous días que duran as xornadas, un total de catorce relatores exporán proxectos de temáticas moi variadas. Entre eles podemos destacar os recentes gañadores dos premios da Economía Azul, creados pola Consellería do Mar ou o “Océano Surf Museo”, que acaba de ser inaugurado no Concello de Valdoviño e que constitúe o primeiro museo dedicado integramente a este deporte.
Trátase dunhas xornadas abertas ao público en xeral, de especial interese para futuros promotores de proxectos, os cales terán a oportunidade de coñecer de forma directa os aspectos mais significativos das axudas do GALP e os factores de éxito dos proxectos presentados, así como tecer redes de colaboración e intercambio de ideas, xa que as xornadas están concebidas tamén como un espacio de networking entre os distintos axentes implicados no desenvolvemento costeiro do territorio de A Mariña- Ortegal.
Xa é posible inscribirse e obter mais información na páxina web do evento http://www.maresdeoportunidades.com/.

Exit mobile version