Site icon Crónica3.com A Mariña

10 medallas de ouro, 4 de prata e 2 de bronce, lograron os atletas do C.D.Egovarros-Viveiro, no campeonato galego de pista cuberta de veteráns

7e0883a6-c89c-48cc-ba67-87b788f7cab3Viveiro 16-1-18. O pasado domingo celebrouse na localidade de Ourense o Campeonato Galego de Veteráns de Pista Cuberta, donde o clube de Viveiro estivo representado por 18 atletas que acadaron un total de 16 medallas, batindo 3 records galegos.
No apartado feminino as medallistas foron: en W65, Mari Luz San Martin foi ouro en 400 e 800 metros, batindo o record galego en ambas probas; en W60, Begoña de Arriba foi ouro en 60 metros e 1500 metros e bronce en 200 metros; en W50, Susana Parguiña foi ouro nos 1500 metros e prata nos 800 metros.
No apartado masculino as medallas foron acadadas polos seguintes atletas: na categoría de M70, José Rioseco foi ouro en 1500 metros, batindo o record galego; en M65, Domingo Alvarez foi ouro en 1500 metros e en 800 metros e prata nos 400 metros; en M60, Salvador Patiño foi ouro en salto de lonxitude; en M60, Luis Miguel García foi prata nos 60 metros e bronce nos 400 metros; en M45, Esteban Rioseco foi ouro nos 1500 metros e en M40, Marcelo Vasquez foi prata nos 1500 metros.
Tamén o pasado venres celebrouse na localidade de O Barco de Valdeorras, a gala do atletismo galego, donde foron premiados tres atletas do C.D. Egovarros-Viveiro, polos éxitos acadados durante a temporada 2017. Os agasallados foron: Begoña de Arriba e Susana Parguiña xunto co seu compañeiro Antonio Cabana.

Exit mobile version