Así mesmo, tiven a oportunidade de disfrutar, en primicia, da interpretación que un grupo de usuarios realizou, expresamente para min, da obra de teatro na que están traballando e que van a presentar en breve; trátase dunha emotiva peza contra o acoso escolar.
Tamén me amosaron o gran traballo que realizan os residentes do centro; unhas pezas preciosas que demostran que a constancia, o esforzo e a dedicación xeran grandes resultados.
Quero, finalmente, felicitar publicamente a todo o colectivo, a todos cantos forman parte desa gran familia, pola súa implicación; por traballar, día a día, con compromiso e ilusión en beneficio dos seus usuarios, loitando pola igualdade e os dereitos das persoas con enfermidade mental. Durante esta visita tamén establecimos as bases para futuras colaboracións entre a asociación e o Concello de Viveiro.
A alcaldesa
María Loureiro García