
Viveiro 30-1-18. O Bng de Viveiro ven de acordar na súa asamblea do 26 de xaneiro o nomeamento de Miriam Bermúdez como a súa vicerresponsábel Local. Esta mestra de 30 anos será a encargada de reforzar o traballo da organización nacionalista e, xunto coa Responsábel local, Gloria Rouco e o Responsábel de Galiza Nova, Seve Salgueiro, de por en marcha as novas liñas de traballo para o 2018 aprobadas pola Asemblea local. Nesta xuntanza tamén se nomeou ao Responsable de Comunicación Política ao viveirense Iván Pena, co que se fomentará a coordinación e planificación do grupo de traballo do Bng Local así como as actuacións a desenvolver de cara a sumar ao proxecto nacionalista.
As liñas de traballo aprobadas para o 2018 pola asemblea d@s nacionalistas apostan polas infraestruturas e a dotación de servizos públicos, así como por un rural vivo e o seu patrimonio natural e cultural como motores principais para impulsar a economía local e convertir así o concello de Viveiro nunha alternativa real de vida para as mozas e mozos, que transformen a Cidade do Landro no concello referente da Mariña e nun modelo de Vila no que a mocidade poda desenvolver o seu proxecto de vida.