Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación mellora con 40.000 euros en Lourenzá as rúas Travesía da Mariña, Fernández del Riego e Muíño do Frade

b3bedacf-0ddf-4245-8f8c-2fa9e728582fLugo, 24 de xaneiro de 2018. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e a Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, informaron este xoves sobre as melloras de 40.000 euros, que o Goberno Provincial leva ás rúas Travesía da Mariña, Fernández del Riego e Muíño do Frade, mellorando os servizos públicos aos veciños.

Estas rúas sitúanse no centro do casco urbano da localidade laurentina e rexistran moito tránsito, pois acollen importantes servizos para os 2.000 cidadáns deste municipio como, por exemplo, o centro de saúde, a farmacia, o supermercado, a piscina municipal e outros locais comercias (panadería, carnicería…), ademais de establecementos hostaleiros.

Os traballos que se levarán a cabo dan resposta ás peticións dos veciños e consistirán na renovación das beirarrúas para mellorar a accesibilidade ao centro urbano e a seguridade dos viandantes.

Campos Conde destacou que “estas obras enmárcanse na nosa aposta por unha Deputación coas persoas, social e rural; por unha institución que sempre está cos veciños, tentando dar resposta as súas necesidades, que pasan pola dotación ou mellora de seus servizos públicos dende o público”.

Exit mobile version