O mércores 15 de febreiro a Pilar García Porto, Deputada da Área de Cultura da Deputación de Lugo e Enrique Alcorta, arqueólogo do Museo Provincial de Lugo inaugurarán unha exposición de numismática antiga no Castelo de Castrodouro. Nesta ocasión os alumnos do IES Alfoz Valadouro terán un conferencia impartida polo arqueólogo do Museo Provincial.
Como indica Xabier Pardiñas, Tenente Alcalde do Concello de Alfoz “con esta nova iniciativa tratamos de promocionar as exposicións do castelo mediante visitas didácticas destinadas a centros educativos”