Site icon Crónica3.com A Mariña

A FESTA DOS CHÍCAROS

Este fin de semana celebra Foz a XV edición da festa do chícaro , á que se pretendeo impoñer o nome de “berberecho”. Só na nosa vila recibe aquel nome; en cantas indagacións levamos feito non atopamos outro lugar onde se chame igoal, aínda que por Galicia son varios os apelativos que se lle aplican : berberecho, croque,cuncho,crica, caralleta, berberechiña, carneiro… e ,unha vez mais, preguntamos por qué nós imos voltarnos depredadores do que forma parte da nosa tradición e cultura popular, querendo borrar do mapa da linguaxe entrañable do pobo, unha expresión que, nalgunha medida, nos distingue e singulariza …? Toda a vida, dende tempos inmemoriais, focegos e focegas comimos chícaros; por eso felicitamos a quen este ano organizan o evento, recuperando o nome tradicional…
Foi en 1984 que , organizada pola ACIA, se celebrou a primeira exaltación dos chícaros, desde o respecto a canto de cultural e costumista ten o feito, eminentemente popular. O cronista non poido por menos que alzar a voz ante unha actuación á que non lle atopaba razón de ser e, pola contra, significaba unha agresión á historia do noso pobo, modesta, pero merecente de respecto e consideración, máximo daqueles que teñen a obriga, voluntariamente contraída, de velar polos intereses colectivos, materiais e inmateriais, da cidadanía. Foron eles os que a iniciaron hai algúns anos e ninguén a rectificou, acaso convencidos de que as cousas -¿ben feitas? …- deben prevalecer…Agora parece que as augas volven ó seu cauce e, sen extrañas interferencias, celebrarase a “ festa do chícaro”. Parabéns.
O prestixoso xornalista e gastrónomo Jorge Víctor Sueiro, que tantas veces os degustara nas tabernas de Foz, no libro “Manual del Marisco”, dí:” Existe la creencia muy extendida de que estos mariscos favorecen la vena amatoria del que los consume. Ponen en situación; ayudan a ese punto de enervamiento que precede al placer de la pareja humana…. Pero es que este “cachondeillo” va incorporado a sus nombres gallegos, ya que “crica” ,”berberichiña” o”caralleta” son sustantivos que afectan a zonas altamente erógenas de la mujer” .
“Lo que es cierto – dí Sueiro,- es que crudos están riquísimos, ya que su sabor es sustancioso y muy marinero. En empanada, si puede ser de maíz, mejor, y con arroz , se chupan los dedos….”A edición contará con pregoeiro,focego e poeta: Paco Rivas; namorado cantor e avezado estudoso do mundo do mar e do seu subxugante misterio; dos seus valores humanos forxados na liberdade dos infinitos horizontes, que fixeron exclamar ó vate francés : “ o home libre, sempre amará o mar…”.

Exit mobile version