Site icon Crónica3.com A Mariña

A OPP de Lugo presentou os equipos para o tratamento das vísceras do peixe a bordo

OPP7_180104_026Burela 4-1-18. A Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo presentou este xoves 4 de xaneiro no porto de Burela os equipos TEDEPAD para o tratamento e inactivación das vísceras no peixe, adquiridos dentro dun “proxecto piloto de tratamento de vísceras para a prevención de parásitos no peixe” e que xa están operativos para salir ao mar nos vindeiros días.
A presentación tivo lugar nas instalacións da OPP Lugo, ubicadas no Porto de Burela, e contou coa presenza da Directora Xeral de Pesca da Xunta de Galicia, Mercedes Rodríguez, representantes da OPP de Lugo, de ABSA e os directores da empresa Marexi, Iñaki Miniño e Joaquín Gracia.
Tamén se visitou o buque “Raúl Primero” para comprobar in situ a instalación do equipo, que, xunto ao “Nuevo Ebenezer”, son os dous primeros participantes neste proxecto e contarán cun módulo rexistrador de datos para o seu estudo e análise durante o ano 2018 e para a posta a disposición do resto de socios. O obxectivo principal deste equipamento é a inactivación ou inertización dos residuos
orgánicos xerados a bordo e contribuir á reducción na presenza de parásitos en especies de interese comercial cun doble obxectivo: mellorar a seguridade alimentaria e reducir o impacto no medio mariño. O equipo TEDEPAD é o único patentado na UE para o tratamento das vísceras xeradas ao procesar o peixe a bordo exterminando completamente os parásitos.
O xerente de OPP Lugo, Sergio López, valorou as melloras na limpeza a bordo nos últimos tempos, pero considera necesaria a adquisición desta tecnoloxía, coa que se consegue unha correcta xestión das vísceras. Nos vindeiros meses iranse analizando os datos de tratamento e está previsto que outros buques de distintas características (dimensións e zonas de pesca) se sumen ao proxecto piloto para completar a mellora de datos. Tamén está previsto crear un código ou protocolo de actuación para dar
uniformidade ao tratamento a bordo.

Exit mobile version