Site icon Crónica3.com A Mariña

A Pomba do Arco organiza o Xoves 18 ás 20:30 na Libraría Bahía de Foz a presentación do libro “Meirás, un pazo, un caudillo, un espolio”

Foz. 14-1-18. A Asociación Cultural A Pomba do Arco organiza o Xoves 18 de Xaneiro ás 20:30 na Libraría Bahía de Foz a presentación do libro “Meirás, un pazo, un caudillo, un espolio”, no que tomaran a palabra os autores do volume Carlos Babío e Manuel Pérez Lorenzo.

“Meirás, un pazo, un caudillo, un espolio” é unha investigación histórica sobre o roubo do Pazo de Meirás pola familia do ditador Francisco Franco, sinalando os procedementos seguidos para facerse irregularmente coa propiedade e as presións para obrigar, mediante sancións económicas, ás galegas e galegos a achegar os fondos para o mesmo.

O volume achega ao tempo un estudo sobre a represión económica no franquismo, facendo un percorrido por casos semellantes aos do Pazo de Meirás ao longo da xeografía galega así como das multas e requisas utilizadas como forma de castigo aos demócratas, incluíndo casos da comarca d´A Mariña.

Exit mobile version