Site icon Crónica3.com A Mariña

A praza do Concello de Burela acollerá unha campaña divulgativa sobre as enerxías renovables. Será entre os días 17 e 19 de xaneiro nun furgón e nunha cúpula inchable

A Concellería de Medio Ambiente, que dirixe Noelia Mª Ben, en colaboración coa empresa Energías Renovables Ecoclima Burela, colocarán na Praza do Concello un furgón e una cúpula inchable (unha especie de planetario de 6 metros de diámetro) con material divulgativo e información sobre as enerxías renovables e a eficiencia enerxética. Será do 17 ao 19 de xaneiro, ambos inclusive, no seguinte horario: de 10 a 13 horas polas mañás e de 15:00 a 19:30 horas polas tardes. Desde a Concellería de Medio Ambiente indican que “se algunha asociación, colexio ou calquera outro grupo de persoas desexa realizar unha visita guiada pode solicitala na Oficina de Medio Ambiente, no número de teléfono 982 580 867 ou na seguinte dirección de correogaia@burela.org”.

Exit mobile version